Campos Conde subliñou “que con esta proba reforzamos a nosa decidida aposta polo deporte do motor como atractivo turístico que impulsa e dinamiza a economía, así como a vida das vilas lucenses. Por este motivo, dende o Goberno da Deputación mantemos un firme compromiso co automobilismo e, proba disto, é o noso apoio incondicional ás probas que se organizan por excelencia en toda a provincia”.
Percorrido
A Escudaría Pontenova organiza os días 2 e 3 de xuño, a VII edición da Subida a Pontenova, puntuable para os Campionatos e Trofeos de Galicia de Rallyes, Copa Propulsión Carcross e Copa Pirelli de Montaña.
A proba está centralizada na localidade de Pontenova, coas verificacións o sábado día 2 pola mañá e as primeiras mangas de competición pola tarde. O tramo de subida está localizada na estrada LU-4803, entre os puntos quilométricos 0.45 e 5.25, con 4,8 kms de lonxitude, cun formato de 6 pasadas, dúas de adestramento e 4 oficiais segundo o programa.