Site icon Crónica3.com A Mariña

A Ruleta da Sorte xira en Viveiro

Viveiro, 21 de xuño de 2018. A Federación de Comercio de Lugo, en colaboración coa Asociación Viveiro Centro Comercial Histórico (CCHV) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria – Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, desenrola durante toda a xornada deste xoves a campaña promocional “Ruleta da Sorte”.
Todos os clientes dos establecementos asociados da vila de Viveiro que realizaran unha ou varias compras entre o 14 e o 21 de xuño, por un importe mínimo de 10 euros, poderán xirar a ruleta, ubicada na Praza da Fontenova, e optar a moitos agasallos para premiar a súa fidelidade.
O acto de arranque da “Ruleta da Sorte” tivo lugar esta mañá, de man dos representantes das entidades organizadoras: o secretario xeral técnico da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo, Luis S. Fernández Díaz; a vocal da xunta directiva do CCHV, Cristina Rodríguez; e a concelleira de Turismo e Comercio de Viveiro, María Soledad Rey.
A campaña busca dinamizar o comercio de proximidade da provincia de Lugo e incentivar o consumo. Con esta finalidade, durante as vindeiras semanas contemplará distintas actuacións en varias localidades lucenses.

Exit mobile version