Site icon Crónica3.com A Mariña

A ruta ecuestre por Barreiros organizada polo colectivo Cabaleiros de Penabor contou cuns 70 participantes de diversas localidades da provincia

A oitava edición da ruta ecuestre polo concello de Barreiros organizada polo colectivo Cabaleiros de Penabor, que se realizou este pasado sábado, contou cuns 70 participantes procedentes de diversas localidades da provincia de Lugo. Na comida que celebraron despois do percorrido en cabalos houbo un centenar de persoas. Na ruta, que empezou e rematou no restaurante La Yenka, percorreron lugares de interese do municipio de Barreiros, entre eles as praias, e os participantes estiveron acompañados pola chuvia nalgúns momentos.

Exit mobile version