CENTRALIZACIÓN E PERDA DE SERVIZOS.
A dependencia orgánica do Hospital de Lugo dos centros da Mariña implica a centralización dos servizos hospitalarios na capital da provincia e a conseguinte perda de servizos e especialidades en Burela, así como desprazamentos constantes da poboación da Mariña,nalgúns casos a máis de hora e media de viaxe, a Lugo para realizar probas e consultas que até agora realizaban nas súas comarcas.
UNHA REFORMA SANITARIA PARA BENEFICIAR Á MEDICINA PRIVADA.
Os grandes beneficiados da reforma sanitaria impulsada polo PP son os hospitais privados da cidade de Lugo. A conta de resultados dalgúns destes centros, como o Polusa ou a Nosa Señora dos Ollos Grandes, que curiosamente acometeu recentemente unha importantereforma das instalacións, non paran de medrar a medida que se reduce a carteira de servizos do hospital de Burela.
A veciñanza manifesta o seu malestar polo aumento de derivacións ao centro médico privado de Lugo, Polusa, para probas e intervencións cirúrxicas que antes se facían no Hospital da Costa, ou mesmo para facer unha simple “placa dental” (unha sinxela radiografía) para o que é necesario tamén desprazarse a Lugo.
CONCENTRACIÓNS PARA PEDIR A DERROGACIÓN DA LEI DE SAÚDE.
“No PP gañaron pero saben que perderon porque non teñen o apoio veciñal ao votar no pleno municipal a favor da supresión da nosa área sanitaria”. E cada día van ter enfronte a máis veciñanza defendendo a sanidade pública, universal, gratuíta, de calidade e de proximidade polo que a aprobación da reforma sanitaria non vai ser o punto e final, senón un punto e seguido na loita en defensa da sanidade pública da comarca”, asegura a veciñanza.
SOMOS UNHA ÁREA VIVEIRO