Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta adxudica as obras de mellora na estrada LU-133 que une as localidades de Reme (Ribadeo) e Vilamar (Barreiros)

Ribadeo, 8 de xuño de 2018.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de licitar as obras de mellora na estrada de titularidade autonómica LU-133 que une as localidades de Reme e Vilamar, nos municipios lucenses de Ribadeo e Barreiros, respectivamente.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, sinalou que a obra conta cun orzamento próximo ao millón de euros que servirá para impulsar unhas actuacións dirixidas a mellorar a seguridade viaria e as condicións de circulación do tráfico rodado nun total de 11,5 quilómetros.

Os traballos, que darán comezo previsiblemente nos primeiros días do mes de xullo, teñen un prazo de execución de catro meses e desenvolveranse en dous treitos de actuación:

Entre os puntos quilométricos 6,640 (glorieta de intersección coa LU-P-6103 a Trabada) e o 14,300 (na entrada de San Vicente)
E entre os puntos quilométricos 17,350 (intersección coa LU-P-5207 a Ribadeo) e 21,240 (final da estrada, na intersección coa N-640)

A empresa adxudicataria, Isidro Otero, procederá, a iniciativa da Xunta, a reparar o pavimento deteriorado, regularizando o firme a base de mestura asfáltica en quente (aglomerado) e aplicando posteriormente unha nova capa de rodaxe ,tamén de mestura asfáltica en quente, en todo o treito e en todo o ancho da plataforma.

O proxecto inclúe tamén a reposición da sinalización horizontal e a colocación de novos elementos de seguridade: os reflectantes coñecidos como ollos de gato e os resaltos sonoros nas marcas viais que delimitan a calzada. A Xunta prevé tamén a substitución de barreiras existentes onde se observe o seu mal estado de conservación e a instalación de novos treitos de barreiras, en distintos puntos.

Desde xeito a Xunta completará unha actuación anterior, promovida nos anos 2015 e 2016, no tramo desta mesta estrada desde o seu inicio ata o punto quilométricos 6,6 que daquela supuxo un investimento de 485.000 euros, polo que investimento global do Goberno galego nesta vía será de preto 1,5 millóns de euros.

Exit mobile version