Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta colabora con 6.000 euros nas obras de mellora no local da Asociación de amigos da Rochela (Ribadeo)

Lugo, 22 de xuño de 2018.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de colaborar nas obras de mellora da antiga escola da Rochela, na Devesa (Ribadeo), que serve de sede deste colectivo veciñal.

Os traballos consistiron fundamentalmente na renovación da carpintería exterior do inmoble mediante a substitución das fiestras e portas antigas por outras novas, modernizando estes elementos e garantindo mellores condicións de illamento térmico e acústico.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, salientou este apoio durante a súa participación na a xuntanza de confraternidade organizada polo colectivo Amigos da Rochela.

Balseiro aproveitou tamén para poñer en valor o papel que desempeñan os colectivos veciñais impulsando distintas iniciativas e medidas que contribúen a mellorar a calidade da vida local.

Exit mobile version