Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta destinou nos últimos meses 118.400 euros ao arranxo de camiños municipais no rural de Ribadeo

Ribadeo, 22 de xuño de 2018.- A Consellería do Medio Rural destinou nos últimos meses 118.400 euros ao arranxo de varios camiños de titularidade municipal no rural ribadense, en concreto na parroquia de Cedofeita e nos núcleos de Cinxe, Rinlo e Meiregos.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, visitou hoxe as obras de mellora xa executadas no camiño de Piñeiro; estivo acompañado por distintos concellos e representantes veciñais.

A Xunta destinou 59.200 euros ao ensanche e reforzo do firme desta estrada, que é a vía de acceso aos núcleos de A Trapa, Penela, A Torre, A Granda, Piñeiro e Teixido, todos eles na parroquia de Cedofeita. Tamén de conexión co concello limítrofe de Trabada.

As actuacións consistiron na mellora das características superficiais do pavimento mediante un firme de aglomerado en quente e corredores laterais de zahorra artificial, así como a limpeza de cunetas e instalación das obras de fábrica e a sinalización necesaria.

Igualmente, Balseiro anunciou que a Xunta apoiará cun investimento similar de 59.200 euros os traballos que se executarán proximamente para mellorar os camiños que comunican o núcleo de Cinxe, na parroquia da Devesa, e o que comunica Rinlo con Meirengos.

Estas pistas pavimentaronse hai moitos anos. Polos motivos expostos, aparecen frecuentemente deficiencias no pavimento. Neste caso prevese o aglomerado do firme en quente, previa rega de imprimación, pasillos con zahorra artificial e a renovación da sinalización horizontal, ademais da limpeza das cunetas.

Balseiro destacou que estas iniciativas responden ao Plan de mellora de camiños de titularidade municipal que a Xunta desenvolve en colaboración cos concellos, co obxectivo de manter as infraestruturas viarias do rural “nas mellores condicións para a seguridade viaria e para facilitar o desenvolvemento da actividade económica”.

Exit mobile version