Pilar García Porto convidou a todos os interesados a “inscribirse nestas actividades que contribúen a formación ao mesmo tempo que son iniciativas lúdicas para que os máis novos se acheguen ao mundo da cultura dun xeito máis ameno e divertido”.
Son actividades para todas as idades, que terán lugar ao longo do período estival co obxectivo de ofrecerlles a posibilidade de aprender e desfrutar ao mesmo tempo, descubrir novos mundos e expresións culturais. Neste eido, coñecemento e entretemento únense nunha programación que xira arredor da sabedoría das coleccións custodiadas nos museos da rede.
Museo Provincial de Lugo
Obradoiro: DIVERSXS
Data: 27 de xuño.
Idades: para familias.
Horario: de 19:00 a 21:00h.
Obradoiro: Campamento no Museo Provincial de Lugo (Dentro do Programa MAPAS (IN)VISIBLES)
Data: 2, 3, 4, 5, 6, 9 e 10 de xullo.
Prazas: 15.
Idades: de 6 a 15 anos.
Horario: de 11:00 a 14:00h.
Campamento de Arqueoloxía
Escavación arqueolóxica dirixida polo arqueólogo Enrique Alcorta.
Data: 26 e 27 de xullo.
Prazas: 15.
Idades: de 4 a 12 anos.
Horario: de 11:30 a 13:30h.
Aberto prazo de inscricións (ata completar prazas) no Departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo
Museo Provincial de Lugo: 982 24 23 00 / 982 24 21 12
Xerencia da Rede Museística: 699 836 883
xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org
Museo Provincial do Mar
Obradoiro: DIVERSXS
Data: 30 de xuño.
Prazas: 15.
Idades: de 4 a 14 anos.
Horario: de 11:30 a 13:00h.
Obradoiro: Atando Cabos
Este obradoiro permitirá recoñecer os diferentes tipos de cabos, as moitas manobras do barco nas que se utilizan e os tipos de nós que son precisos para cada unha delas.
Data: 4 e 5 de xullo.
Prazas: 15.
Idades: de 4 a 14 anos.
Horario: de 11:30 a 13:00h.
Obradoiro: Máscaras africanas
Coñecerase a Colección Xoán Anllo. Arte Africana que se expón nunha sala do MPLugo e inspiraranse para facer as máscaras africanas
Data: 6 de xullo.
Prazas: 15.
Idades: sen límite.
Horario: de 11:00 a 14:00h.
Campamento Arqueoloxía:
Escavación arqueolóxica dirixida polo arqueólogo Enrique Alcorta.
Data: 11 e 12 de xullo.
Prazas: 15.
Idades: de 4 a 12 anos.
Horario: de 11:30 a 13:30h.
Obradoiro: Comer e pensar só é empezar (Actividade patrocinada por Ibermuseos dentro do proxecto Guerrilla de palabras.
Resignificar o patrimonio de saberes e sabores existentes en comidas tradicionais de Lugo (Galicia) e Arxentina como mouteiras craves da micro historia para a narrativa comunitaria en museos. Problematizar a ausencia do patrimonio gastronómico e a invisibilidade de actrices e actores nos museos e historias das súas comunidades.
Imparte: Leonardo Casado.
Data: 12 de xullo.
Prazas: 20.
Idades: Club Senior.
Horario: de 17:00 a 19:00h.
Obradoiro: Que caeu nas miñas redes?
O plástico é un dos materiais máis contaminantes para o océano, tardando en biodegradarse varios centos de anos. Son moitos os peixes e animais mariños que morren por asfixia ou obstrución das vías dixestivas. Obradoiro que trata de concienciar da importancia de xestionar axeitadamente os residuos e fomentar a reciclaxe.
Data: 18 e 19 de xuño.
Prazas: 15.
Idades: de 4 a 14 anos.
Horario: de 11:30 a 13:00h.
Obradoiro: Campamento no Museo Provincial do Mar (Dentro do Programa MAPAS (IN)VISIBLES)
Data: 24, 25, 26 e 27 de xullo.
Prazas: 15.
Idades: de 4 a 15 anos.
Horario: de 11:00 a 14:00h.
Obradoiro: Despregando velas
Data: 22 de agosto.
Prazas: 15.
Idades: de 4 a 14 anos.
Horario: de 11:30 a 13:00h.
Obradoiro: Coñeces a Cipriana?
Tratará de achegar o coñecemento baleeiro grazas a unha colección de ósos única no mundo por ser dunha balea xa extinguida.
Data: 23 de agosto.
Prazas: 15.
Idades: de 4 a 14 anos.
Horario: de 11:30 a 13:00h.
Aberto prazo de inscricións (ata completar prazas) no Departamento de Didáctica do Museo Provincial do Mar.
Museo Provincial do Mar: 982 59 45 72
museodomar@museolugo.org
Xerencia da Rede Museística: 699 836 883
xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org
Museo Fortaleza San Paio de Narla
Obradoiro: Máscaras africanas
Coñecerase a Colección Xoán Anllo. Arte Africana que se expón nunha sala do MPLugo e inspiraranse para facer as máscaras africanas
Data: 27 de xuño.
Prazas: 15.
Idades: sen límite.
Horario: de 11:00 a 14:00h.
Campamento Arqueoloxía:
Escavación arqueolóxica dirixida polo arqueólogo Enrique Alcorta.
Data: 5 e 6 de xullo.
Prazas: 15.
Idades: de 4 a 12 anos.
Horario: de 11:30 a 13:30h.
Obradoiro: Pensa en arte. As pezas falan.
Os nenos elixirán una peza de entre todas as do museo para elaborar a súa descrición que será gravada para así poder facer unha audioguía do museo.
Data: 10 de xullo.
Horario: 11:00 a 14:00h.
Prazas: 15.
Idades: sen límite.
Obradoiro: As imaxes lévannos ao camiño da palabra
Os nenos farán unhas fichas de diferentes pezas, nas que se describan as súas características.
Data: 11 de xullo.
Horario: 11:00 a 14:00h.
Prazas: 15.
Idades: Sen límite.
Obradoiro: Campamento no Museo Fortaleza San Paio de Narla (Dentro do Programa MAPAS (IN)VISIBLES)
Data: 7, 8, 9 e 10 de agosto.
Prazas: 15.
Idades: sen límite.
Horario: de 11:00 a 14:00h.
Obradoiro: As pegadas da muller de San Paio.
Data: 21 de agosto.
Horario: 11:00 a 14:00.
Prazas: 15.
Idades: sen límite.
Obradoiro: Iniciación ao gravado. Estampación
Actividade colaborativa en grupo, na que cada neno/a elaborará o seu propio tapón de selado e que cada compañeiro poderá usar para a súa creación final de estampación.
Data: 24 de agosto.
Horario: 11:00 a 14:00h.
Prazas: 15.
Idades: Sen límite.
Aberto prazo de inscricións (ata completar prazas) no Departamento de Didáctica do Museo Fortaleza San Paio de Narla
Museo Fortaleza San Paio de Narla: 982375156
sanpaiodenarla@museolugo.org
Xerencia da Rede Museística: 699 836 883
xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org
Museo Pazo de Tor
Obradoiro: Máscaras africanas
Coñecerase a Colección Xoán Anllo. Arte Africana que se expón nunha sala do MPLugo e inspiraranse para facer as máscaras africanas
Data: 3 de xullo.
Prazas: 15.
Idades: sen límite.
Horario: de 11:00 a 14:00h.
Obradoiro: Memoria do pan. Cultura de masas (Actividade patrocinada por Ibermuseos dentro do proxecto Guerrilla de palabras)
Imparten: Leonardo Casado e Encarna Lago
Data: 10 de xullo.
Idades: Adultos.
Horario: A partir das 11h.
Campamento de Arqueoloxía
Escavación arqueolóxica dirixida polo arqueólogo Enrique Alcorta.
Data: 19 e 20 de xullo.
Prazas: 15.
Idades: de 4 a 12 anos.
Horario: de 11:30 a 13:30h.
Obradoiro: Sábados no Museo Pazo de Tor (Dentro do Programa MAPAS (IN)VISIBLES)
Data: 15, 22 e 29 de setembro.
Prazas: 15.
Idades: Para familias.
Horario: de 11:00 a 13:30h.
Obradoiro: O misterio do labirinto
Data: venres, 3 de agosto.
Prazas: 15.
Idades: de 4 a 14 anos.
Horario: de 11:30 a 13:30h.
Obradoiro: Un día de labores nun pazo
Data: 8 de agosto.
Prazas: 15.
Idades: sen limite.
Horario: de 11:00 a 13:30h.
Obradoiro: Actividade de gravado. Estampación
Data: sábado, 28 de xullo.
Prazas: 15.
Idades: de 4 a 14 anos.
Horario: de 11:30 a 13:30h.
Obradoiro: Roteiro polos dominios de Tor
Percorrido polos anexos do Pazo e pola finca localizando elementos estruturais e agropecuarias do Pazo así como tamén se localizará flora de interés xeolocalizada.
Data: 10 e 18 de agosto.
Prazas: sen límite.
Idades: sen limite.
Horario: de 10:30 a 12:00h.
Nota: Será preciso vir coa roupa e calzado adecuado
Aberto prazo de inscricións (ata completar prazas) no Departamento de Didáctica do Museo Pazo de Tor
Museo Pazo de Tor: 982165534
pazodetor@museolugo.org
Xerencia da Rede Museística: 699 836 883
xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org