Site icon Crónica3.com A Mariña

Accidente con peón ferido na Rúa Arcadio Pardiñas de Burela

Burela 8-6-18. Sobre as 18,25 horas do día 08 de xuño de 2018 produciuse un accidente de circulación na rúa Arcadio Pardiñas á altura do número 207, onde o vehículo citreon AX conducido por J. F. R de 58 anos de idade veciño de Burela alcanzou a un peón que se atopaba cruzando polo paso de peóns, a consecuencia do devandito impacto resultou ferido. A. M. G. de 88 anos de idade e veciño de Burela, foi evacuado ao hospital da Costa polos equipos de emerxencia do 061.
Na devandita zona aglomerouse bastante xente e estivo o tráfico cortado durante 15 minutos mentres os servizos sanitarios evacuaban e avaliaban á persoa ferida.
O ferido atopábase no hospital para ser avaliado e realizar as próbas pertinentes para saber o alcance das lesións.
Faise cargo da elaboración do devandito atestado a POLICÍA LOCAL do Concello de Burela,

Exit mobile version