Site icon Crónica3.com A Mariña

Actuación de Trípode en Alaxe

O Grupo Humorístico Trípode vén de actuar este domingo, día 10 de xuño, en Alaxe. O motivo foi acompañar ós veciños desta parroquia do Valadouro na inauguración do seu novo local social. Representaron a súa obra “Cousas de vellos” ante un nutrido grupo de comensais, que riron e gozaron, sendo tamén partícipes da comedia, para continuar logo cun baile amenizado polo Grupo Maseda.

Exit mobile version