O salón de plenos do Concello de Burela acolleu a entrega de premios. Alejandro Ares, gañador na categoría infantil coa foto Marea baixa, recibiu 100 euros. E Valentín Ríopedre, vencedor na categoría adulto coa imaxe Devolucións do Sr.Neptuno, recibiu 200 euros. Ambos foron agasallados coas súas fotos en lenzo, doadas polos fotógrafos que formaban parte do xurado.
Neste acto participaron o alcalde, Alfredo Llano; a concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben; e os fotógrafos Andrea, de Imaxina Producións; Julio, de Foto Sergio; Juanjo, de Foto Mariló; e Marco, de Marco Abad.