Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro destaca en Ribadeo o esforzo do sector turístico por modernizarse e “impulsar unha oferta competitiva e de calidade”

Ribadeo, 22 de marzo de 2018.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou hoxe na inauguración das obras de ampliación realizadas no hotel Mi Norte, en Ribadeo, e gabou o esforzo realizado polo sector turístico lucense en xeral, e polos propietarios deste establecemento en particular, por modernizarse e impulsar así “unha oferta competitiva e de calidade”.

O delegado felicitou á responsable, Cristina Torviso, por ampliar o establecemento con novas habitacións que, en consonancia coa temática cinematográfica que inspira todo o hotel, “poñen en valor a beleza do mar e as súas tradicións ao estar ambientadas en películas mariñas ou relacionadas con este mundo”.

A ampliación do hotel foi unha das iniciativas apoiadas pola Xunta de Galicia na Mariña a través do Grupo de Acción Local Pesqueira (GALP), cun investimento de 93.400 euros, o 50 por cento do orzamento subvencionable do proxecto.

Exit mobile version