Site icon Crónica3.com A Mariña

Campos Conde recibe á nova directiva de ACRUGA no Pazo de San Marcos

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, recibiu este luns, na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos, aos membros da nova directiva da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galela (ACRUGA). Deputación e ACRUGA manteñen un convenio mediante o cal o Executivo Provincial concédelle unha axuda de 172.000 euros para a recría de exemplares na Granxa Gayoso Castro, mellorándoos xenéticamente para a súa comercialización e promoción. Durante o encontro os representantes aproveitaron para explicarlle proxectos futuros ao Presidente como o estudio da xenómica da raza rubia galega ou sexar seme de touro destinado unicamente para a produción de femias, entre outras medidas.

Exit mobile version