Site icon Crónica3.com A Mariña

Campos Conde, sobre o novo Goberno Socialista: “un equipo formado, profesional e moi preparado para poñer fin ás políticas de dereitas do PP”

Lugo, 8 de Xuño de 2018.- O Presidente socialista na Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, valorou este venres, logo das preguntas dos xornalistas, que o novo Goberno do Estado do PSOE “é un equipo formado, profesional e moi preparado para poñer fin ás políticas de dereitas promovidas polo Partido Popular”.

“Creo que o Partido Socialista foi quen de conformar un equipo con xente moi formada profesionalmente e preparados para levar a cabo os seus cometidos como Goberno. Creo que o perfil do Goberno elaborado polos socialistas é técnico, profesional e moi preparado, e considero que é un equipo que pode levar a cabo a recuperación dos sectores máis desfavorecidos polas políticas implantadas polo PP, como por exemplo en sanidade, educación…”.

Na provincia non sei vai botar de menos a Feijóo
Campos Conde apuntou, tamén logo das preguntas dos xornalistas, que “na provincia non imos a botar moito de menos a Feijóo porque foi un Presidente nefasto para Lugo. E dígoo con total obxectividade pois vendo os presupostos do PP dos últimos mandatos, tanto o de Feijóo como o do Estado, non é para botalo de menos, porque non deron resposta a ningún dos puntos que nos reclamamos para a provincia, nos que nada fixo, como é o servizo de hemodinámica, a estación intermodal ou a mellora de estradas”.

“Na provincia de Lugo non hai ningunha nova inversión da Xunta de Galicia. O que fan é pasearse vendendo o gasto corrente, gasto que, por certo, calquera goberno ten que asumir. Non hai nada da Xunta de Galicia na nosa provincia”.

Exit mobile version