Site icon Crónica3.com A Mariña

Candia agradece a Sáenz de Santamaría que presentase o seu proxecto político á afiliación lucense

27, xuño, 2018. A presidenta Provincial, Elena Candia, agradece a Soraya Sáenz de Santamaría que presentase á afiliación lucense o poxecto político co que opta á presidencia do Partido a nivel nacional, e que elexise a Lugo como primeiro destino da súa visita a Galicia.

Durante o concorrido encontro, enmarcado na campaña electoral interna que os candidatos a dito cargo iniciaron en días pasados, a exvicepresidenta do Goberno destacou que “tenemos que volver a recuperar el Gobierno cuanto antes y que Sánchez esté el menor tiempo posible, además de ayudar a los compañeros en las autonómicas y municipales”. Deste xeito, recoñeceu que “es un orgullo que la primera presidenta del Gobierno lo sea del Partido Popular”.

Soraya Sáenz de Santamaría agradeceu a acollida dos distintos cargos orgánicos que participaron na xuntanza, así como das ducias de persoas que esta tarde se congregaron na sede do PP provincial, destacando que coñece o traballo que están a realizar os compañeiros de Lugo en Madrid, como é o caso do voceiro no Senado, José Manuel Barreiro, que, dixo, “ahora es una pieza clave”. E é que é, precisamente no seo desta Cámara, onde o PP ten maioría absoluta “y se pueden parar muchas de las aventuras que puede tener el señor Sánchez”, defendeu.

Ampliar a base social
A preguntas dos xornalistas adiantou que chegou o momento de que o Partido amplíe a súa base social. “Tenemos que renovarnos y modernizarnos. Durante este tiempo se ha podido ver como la base central, Génova, marcaba muchas cosas, pero tenemos que conseguir que se parezca a la España de las autonomías, de las diputaciones y de los ayuntamientos para fortalecernos comno Partido”, manifestou.

A candidata fixo esta valoración ante a posibilidade de que outras formacións políticas como Ciudadanos poidan aglutinar o voto do PP. “Tenemos que englobar a esa inmensa mayoría de españoles que defiende la libertad, la igualdad de oportundidades, el mérito… Ganaremos si somos capaces de ampliar esa base social y que han podido votar a otros, encontrando en ellos lo que no han podido encontrar en nosotros. Tenemos que ser capaces de que vuelvan a encontrar lo que es el PP, el mejor PP, porque, destacou, el comodín de la corrupción ya no sirve”. A este respecto, indicou que, mentras ela está en Galicia, “Pedro Sánchez debería estar explicando por qué el presidente de Valencia está detenido por este motivo”.

Inscripcións
Logo do paseo realizado polo casco histórico da cidade e nos momentos previos á reunión con afiliados chegados de distintos lugares da provincia, a popular sinalou que, sobre o número de inscritos ao proceso de votación, “se ha hecho un esfuerzo muy importante”.

“Ha habido muy poco tiempo. Tendremos que hacer todos una reflexión de cara al futuro y poner en marcha una campaña de afiliación, además de hacer que las cuotas no sean un obstáculo para nadie”. Neste senso, explicou que a súa proposta é que as persoas sen emprego e pensionistas paguen unha cota simbólica de 1 euro; os mozos unha reducida e, os que traballan, a contía fixada polo Partido. E é que segundo defendeu, “hay mucha gente que quiere ayudar porque cuanto menos tiempo esté Pedro Sánchez en el gobierno, menos daño”, sentenciou.

Fusión de outras candidaturas
Preguntada pola posible fusión de candidaturas ao remate do proceso, indicou que “yo soy muy partidaria de la integración y de la generosidad. Por tanto, mis compañeiros y sus equipos tienen las puertas abiertas antes, durante y después”. Neste suposto caso, non dubidou en recoñecer que a de Dolores de Cospedal sería a primeira.

Exit mobile version