Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla sobre proxectos europeos no IES Ribadeo Dionisio Gamallo

mRibadeo 30-5-18. O martes 29 de maio o profesor Jörn Steinmayer, do Karl von Frisch Gymnasium de Dusslingen (Alemaña) mantivo un encontro con alumnado de 1º de Bacharelato e 4º da ESO e o profesorado coordinador do proxecto do IES Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros. Esta charla é unha das actividades preparatorias do proxecto europeo ERASMUS+ que terá un dos seus punto álxidos cando 21 alumnos e alumnas visiten distintos puntos da xeografía alemaña.
Entre as 11:00 e as 14:00 horas, os grupos escoitaron ao profesor Steinmayer falar sobre as directrices pedagóxicas do sistema educativo alemán, e desgranaron o horario lectivo do alumnado da súa mesma idade. Así mesmo, traballouse co grupo de alumnos e alumnas da materia EUROPA de 1º BACH sobre os elementos comúns e diverxentes do sistema educativo europeo, as institucións que o fan posible, a situación da Unión Europea e a súa problemática actual, e as posibilidades que, desde as institucións oficiais da UE se ofertan para os xoves. Tamén presentáronse os contidos de traballo conxunto que os centros coordinador e socio desenvolverán ao longo do vindeiro curso e que deberá confeccionar o alumnado implicado: blog, presentacións e rutas, traballos individuais e conxuntos,… Un material que esperan poñer a disposición de toda a comunidade educativa durante o tempo do proxecto.

Manuel Yáñez Dablanca
Coordinador do proxecto ERASMUS+

Exit mobile version