Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezan as obras da Igrexa de Celeiro en Viveiro co apoio da Deputación

Viveiro 7 de xuño de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, acompañados de veciños, supervisaron este xoves o inicio das obras da igrexa de Celeiro, en Viveiro, que contan co apoio da Deputación. O Executivo Provincial financia estas obras con 80.000 euros, que consisten na reparación da fachada e da cuberta, así como a reposición do falso teito interior.

Campos Conde e Loureiro García remarcaron que “este investimento beneficiará ao conxunto dos veciños de Celeiro, e co que dende o Goberno da Deputación reivindicamos uns bos servizos para mellorar a súa calidade de vida, xa que este edificio é utilizado como centro de reunións polas asociacións do barrio”.

Investimentos en Celeiro
O Presidente lembrou, ademais, que o Goberno da Deputación xa realizou outros investimentos en Celeiro. “Concretamente na rúa Rego da Fonde, paralela a Igrexa de Celeiro, e que supuxeron un investimento de 187.500 euros. Trátase dunha das estradas máis importantes da que é a parroquia máis poboada do Concello, con uns 2.000 veciños, e pola que transitan diariamente grande cantidade de peóns.

Os traballos rematados consistiron no cambio do sistema de saneamento e do pavimento, así como na humanización da travesía, con actuacións como a prantación de árbores ou a ampliación das beirarrúas. Deste xeito, Deputación e Concello responden a unha demanda histórica dos veciños da zona, dotando á parroquia de Celeiro dunha rúa totalmente renovada.

Exit mobile version