Site icon Crónica3.com A Mariña

Comunicado Grupo Provincial do Partido Popular sobre a sentencia relativa a Suplusa

Lugo 15, xuño, 2018. Ante as informacións publicadas hoxe polos medios de comunicación en relación coa sentencia da Audiencia Provincial de Lugo sobre a Sociedade Urbanística Provincial de Lugo S.A. (Suplusa) o Grupo Provincial do PP manifesta:

Trasladamos o noso absoluto respecto polas decisións xudiciais.
Entre as irregularidades que recolle a sentenza atópanse: A convocatoria da xunta xeral realizouse polo secretario do consello de administración, en lugar de facelo o consello de administración; non se practicou o preceptivo requirimento notarial aos administradores sociais a fin de que procedesen a convocar xunta xeral; só transcorreron dez días ata a celebración da xunta en lugar do prazo do mes previsto legalmente; o texto proposto para a modificación dos estatutos non era coincidente co aprobado polo consello de administración; e non se emitiu o informe escrito que xustifique a modificación estatutaria conforme ao 286 TRLSC.
Será o presidente da Deputación e o seu voceiro do PSOE os que teñan que dar explicacións de por qué incorreron nesta serie de irregularidades e cal era a súa pretensión, posto que Campos era o presidente de Suplusa nese momento.
Esta conduta deixa á vista a intencionalidade clara do PSOE con respecto á Sociedade, só buscan dinamitala polas súas liortas internas, como así propuxeron de novo no último Pleno da Deputación planteando a súa disolución.
O Goberno socialista intenta disfrazar a realidade, posto que a sentencia da Audiencia non entra no contido dos acordos alcanzados no consello de administración de Suplusa, que xa pasara polos filtros previos do Rexistro Mercantil e do xulgado de primeira instancia.
A resolución fai referencia a un defecto de forma na convocatoria da xunta que é responsabilidade exclusiva do Goberno provincial e do seu presidente por máis que torticeiramente traten de botarlle a culpa aos demais.
Agradeceríamos que o Goberno do PSOE tivera algún tipo de rigor nas súas manifestacións públicas e asumira a responsabilidade que lle corresponde de, con este tipo de condutas, seguir paralizando a apertura das residencias na nosa provincia.

Saúdos,Gabinete de Comunicación

Exit mobile version