O presidente saínte non fixo moito caso das nosas reivindicacións. Ao mellor ese foi, entre outros, un dos motivos polo que tivo que marchar e polo que o Congreso lle retirou a confianza.
Decíamos o pasado xoves que o agora xa ex-presidente pretendía facer ouvidos xordos ao clamor social que exixe pensións dignas, e que quería vendernos un acordo partidario que recolleron nos Presupostos do Estado aprobados inicialmente no Congreso dos Deputados nos que incluiron unha raquítica suba das pensións, coma se con eso se solucionaran os graves problemas que trouxeron as reformas de 2011 e 2013 e as conseguintes políticas económicas e sociais aplicadas.
Pois ben, que o novo Presidente vaia tomando nota e apuntando na súa axenda as nosas reivindicacións:
– derrogación das reformas laborais
– aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos como consecuencia das reformas anteriores
– pensión mínima igual ao salario mínimo interprofesional
– recoñecemento do dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos
– establecer a actualización anual das pensións en base ao IPC
– blindaxe do sistema público de pensións
– pensións dignas e con poder adquisitivo
Tamén decíamos o pasado xoves, xusto cando se estaba debatendo a moción de censura no Congreso, que fose cal fose o resultado da mesma, e fose cal fose o presidente electo, a nosa postura ía ser a mesma, porque nós estamos mobilizándonos todos os xoves por moito mais ca por unha suba raquítica e puntual das pensións, estamos aqui para exixir un Sistema Público de Pensións que garanta unhas pensións dignas para todas e todos. Para quen a cobra hoxe e para quen a cobre no futuro.
A solución non está nos Orzamentos do Estado, está na derrogación destas reformas das pensións e a eliminación da política económica e laboral das reformas laborais, que xeran pobreza e explotación laboral.
E goberne quen goberne, o que nos tenen que garantizar é a blindaxe do sistema público de pensións, por eso hoxe que se está estrenando un novo goberno saímos á rúa de novo para que non se esquezan de nós nin nos adormezan os sentidos con palabras bonitas.
Por todo eso, temos que seguir na loita.
Colectivo de Xubilad@s e Pensionistas de Barreiros