Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúan as concentracións de xubilados en Barreiros

Barreiros 21-6-18. Hoxe empeza o verao, ainda que non o pareza, e aquí seguimos, tres meses e pico despois, 14 xoves despois. Queremos agradecer tamén que se adhiran a esta concentración @s pensionistas de Foz.

Como vos decíamos a semana pasada, apelábamos á sensibilidade do novo goberno para que fixese caso das novas reivindicacións, pero parece ser que esa sensibilidade non abunda moito no novo Consello de Ministros, porque tamén sabemos ben que unha cousa é predicar e outra dar trigo.

Agora o novo presidente do goberno dice que as reformas laborais vai “retocalas” simplemente, porque non pode derrogalas porque están en minoría e son débiles.
Pois eso xa o sabía antes de acceder á presidencia do goberno, así que agora que non nos veña con desculpas.

E a ministra de traballo tamén vai na mesma liña, pois dixo que era posible garantizar a subida das pensións conforme ao IPC cn mais emprego, e cun incremento de impostos xerais ou especiais. Pois tampouco nos dice nada novo, nada que non saibamos, pero siguen sen entrar no meollo da cuestíón, que é a derrogación das reformas laborais de 2011 e 2013 que nos conduciron a esta situación, devaluando as pensións e suprimíndolle dereitos as traballadoras e aos traballadores.
Nós desde aqui queremos transladarlle á ministra a necesidade inmediata de derrogar a reformas laborais -iniciadas en 2010 co goberno de Zapatero e que en 2012 o PP multiplicou nos seus efectos devastadores-; a derrogación das reformas das pensións de 2011 e 2013; conseguir avances reais nos dereitos das mulleres; rematar coas privatizacións dos servizos públicos; ou reverter o retroceso nas liberdades e dereitos fundamentais.
E pensamos que de igual maneira que houbo un consenso para dar fin a un Goberno que institucionalizou a corrupción tén que haber de igual xeito unha actuación inmediata que nos próximos meses faga posíbel a recuperación dos nosos dereitos, ainda no pouco que levamos con este Goberno xa vemos que hai xestos e anuncios, pero que non se toman medidas firmes nin decisivas neste camiño.
E non queremos rematar sen recordar unha vez mais a nosa taboa reivindicativa:

– derrogación das reformas laborais

– aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos como consecuencia das reformas anteriores

– pensión mínima igual ao salario mínimo interprofesional

– recoñecemento do dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos

– establecer a actualización anual das pensións en base ao IPC

– blindaxe do sistema público de pensións

– pensións dignas e con poder adquisitivo

E para que nos escoiten ben, imos facer unha sonora pitada¡¡

Colectivo de Xubilad@s e Pensionistas de Barreiros

Exit mobile version