Site icon Crónica3.com A Mariña

Do 7 ao 25 de xuño será impartido no concello burelés un curso destinado aos inmigrantes residentes na localidade. O obxectivo é que “acaden un bo grao de integración”, segundo a edil Angélica Gómez

Burela, 1 de xuño de 2018. A Concellería de Inmigración e Cooperación de Burela, a través do Programa de Inmigrantes, organiza un curso formativo para axudar a acadar un bo grao de integración da poboación inmigrante residente na localidade. Esta acción está financiada pola Consellería de Política Social e polo Fondo Social Europeo.
Segundo explica Angélica Gómez “trátase dun curso de coidados básicos para atención a aquelas persoas estranxeiras que queiran aprender nocións básicas sobre as habilidades e competencias necesarias para o benestar infantil, promocionar hábitos e rutinas saudables para os mesmos, así como fomentar relacións socio familiares estables e axeitadas”.
Terá unha duración de 50 horas e será impartido do 7 ao 25 de xuño no Concello de Burela. As persoas interesadas en acudir poden solicitar máis información na Casa do Concello ou chamando ao seguinte número de teléfono 982 58 06 09.

Exit mobile version