Co 1 burelista, o club laranxa dá por pechado o apartado de renovacións para 2018-19. “Edu é un deportista da casa e toda unha referencia tanto nas pistas coma no vestiario; poucas persoas coñecen tan ben a nosa estrutura e idiosincrasia” valoraba así o presidente, Manuel Blanco, o seguimento do porteiro no novo proxecto de Juanma Marrube xa moi avanzado, con seis continuidades e cinco incorporacións, polo momento.