Site icon Crónica3.com A Mariña

Entrega premio Puchades no Cenima

Viveiro 15-6-18. O vindeiro domingo 17 de Xuño do 2018 ás 13 horas no CENIMA de Foz, terá lugar a clausura e entrega de premios da exposición dos centros escolares da Mariña que acolle o 1º Premio de arte plástica para centros escolares Juan Puchades Quilis, patrocinado polo concello de Mondoñedo. Dende as 12 horas a exposición permanecerá aberta ata o acto de clausura.
Tá en artes valora e agradece o esforzo dos escolares da Mariña e en especial ós /as profesores/as dos centros que acolleron o proxecto, non solo na súa confección senón ademais, na participación activa da difícil montaxe que tiveron que realizar. Transporte de obra, material, etc, no que puxeron o máximo cariño e dedicación fora da súa xornada laboral.
Queremos agradecer a todos e todas que fósedes xenerosos e xenerosas ante as complicacións xurdidas dende o principio tanto no cambio de datas coma na propia montaxe. Solo deste xeito conseguiuse montar unha exposición que consideramos única, non solo en participación senón ademais na calidade do traballo. Independentemente dos premios, para a Asociación Tá en artes, todo o traballo exposto no CENIMA estes días merece máis que un recoñecemento circunstancial e considera o traballo exposto como premiado. Temos a honra de recibir a pais e nenos polas tardes de 7 a 9 para ensinar con orgullo o seu traballo e na maioría dos casos o primeiro achegamento e coñecemento do CENIMA grazas a esta proposta. Lamentablemente esta Asociación cultural, sen ánimo de lucro, que non ten aportes económicos e solo conta co traballo das asociadas e asociados que colocan o seu altruísmo no empeño do desenvolvemento da arte plástica da Mariña, terán que meditar seriamente si continúan coa súa labor, dadas as dificultades atopadas no desenvolvemento das exposicións.
Grazas a todos e todas polo peche dunha programación que terá o colofón en Novembro ca exposición antolóxica de Juan Puchades Quilis no museo provincial de Lugo e que tivemos a honra de homenaxear durante todo este ano.

Exit mobile version