Na actualidade existen 4 centros de recría en España: 3 privados en Mazaricos (A Coruña), en Pantón (Lugo) e en Mallén (Zaragoza). Hai outro en Guipúzcoa construído en terreos da Deputación Foral pero de xestión privada, pois foi cedido a unha empresa e a administración desvinculouse do seu funcionamento.
Prezo de 2,39 euros ao día e prioridade para gandeiros lucenses
O Centro de Recría da Deputación pode acoller a 3.000 novillas, duplicando a capacidade de recría que existe hoxe en Galicia. O prezo da recría é de 2,39 euros ao día. Esta tarifa inclúe custos de transporte, tratamentos de fertilidade, alimentación, control sanitario, revisións veterinarias… a diferenza dos centros privados. Con este prezo os gandeiros aforrarán custos e non terán que levar a recriar os seus animais a centros fóra de Galicia. Teñen prioridade de acceso os gandeiros da provincia e logo os do resto da Comunidade Autónoma.
3 millóns en beneficios
Cando o Centro de Recría da Deputación estea a pleno rendemento (en dous anos poderá acoller as 3.000 novillas) será capaz de xerar uns beneficios anuais duns 3 millóns de euros na provincia, atendendo só á contratación de bens e subministros para o funcionamento destas instalacións como por exemplo pensos, forraxe, veterinarios, mantemento… A isto engádese o aumento do valor no mercado dos animais recriados, pois serán mellorados xenéticamente. A actividade no centro xerará 10 novos empregos directos, ao tempo que contribuirá a manter ducias de postos de traballos ao colaborar con profesionais vinculados ao sector.