Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado sendeiristas de Pasada dás Cabras de Burela celebraron o día do socio coa Subida ao monte Castelo

Esta ruta de 10 Kms. vai desde a Praza dá Mariña ata o monte Castelo, percorrendo o paseo marítimo da Marosa e pasando pola Vila do Medio. Participaron aproximadamente 200 sendeiristas chegados de Asturias e Galicia, a participación mais numerosa correspondeu á Peña Furada de Navia con máis de medio centenar de camiñantes.Ao terminar a ruta serviuse unha comida a base de polbo e churrasco a todos os participantes e preparouse a correspondente queimada. A música, unha vez mais, púxoa Juan de Ferreira.

Exit mobile version