Site icon Crónica3.com A Mariña

Fin de curso no CEIP San Cosme de Barreiros

A pesar de que o curso académico acaba este xoves, no cole de San Cosme de Barreiros decidiron despedilo o mércores. Unha festa para as familias cargada de humor, música, despedidas e benvidas, gradacións, bailes e ata números ximnásticos. Os estudantes esforzáronse moito nos ensaios e deron o mellor de si sobre o escenario. E as profesoras prepararon un fin de curso excepcional. Mañá terán unha actividade extraescolar da man de Maremasma e logo… !vacacións!

Exit mobile version