Site icon Crónica3.com A Mariña

Fin de semana sen IVE en establecementos comerciais asociados ao Centro Comercial Aberto de Foz este venres e sábado

Foz, 21 de xuño de 2018. Chega a fin de semana sen IVE a máis dunha trintena de establecementos comerciais asociados ao Centro Comercial Aberto de Foz. Os días 22 e 23 de xuño, venres e sábado, aquelas persoas que fagan as súas compras nos locais participantes nesta campaña obterán descontos especiais.
Desde o Centro Comercial Aberto recomendan consultar as promocións en cada establecemento. “Chega o verán e é un bo momento para aproveitar esta campaña e así facerse con aquelas prendas de tempada a prezos máis económicos nos comercios do noso pobo”, explican desde ACIA/CCA de Foz e insisten en que “o comercio fai pobo e niso debemos seguir pensando sempre, en todas as épocas do ano”.
Esta campaña chega uns días antes da 5ª Festa Vintage, que se celebrará a finais deste mes de xuño. O Centro Comercial Aberto de Foz está a ultimar os preparativos deste evento.

Exit mobile version