Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz acollerá o XI Campus de patinaxe artística do 25 ao 29 de xuño

Foz, 15 de xuño de 2018. A Delegación de Xuventude do Concello de Foz organiza a XI edición do Campus de Patinaxe Artística que terá lugar dos días 25 ao 29 deste mes de xuño. Na presentación, que tivo lugar hoxe na Casa da Xuventude, estiveron o alcalde focense, Javier Castiñeira; o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Otero Méndez; o presidente da asociación Escolas do Deporte, Ibán García; e a directora do Campus, Rebeca García.
O campus celebrarase, unha vez máis , nas instalacións do CEIP O Cantel, onde os nenos e nenas gozarán da patinaxe artística e de actividades complementarias en horario de 10:30 a 19:30 horas. Entre outras actividades complementarias haberá paseos en kaiaks, excursións, xogos tradicionais, inchables e xogos na praia.
Este campus está dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos de idade. As inscricións poden realizarse nos números de teléfono 686.10.59.17 e 636. 50.41.55 e o prazo remata este domingo, día 17.
A organización habilitará un autobús totalmente gratuíto que recorrerá a Mariña para trasladar a todos os participantes que necesiten este servizo.
A dirección técnica do campus correrá a cargo de Rebeca Díaz, adestradora nivel 2 de patinaxe artística, e de monitores titulados con ampla experiencia pertencentes a IG 10. Ademais participarán patinadores de máximo nivel.

Exit mobile version