Site icon Crónica3.com A Mariña

Gran participación dos irmáns Díaz Salas nos seus respectivos Campionatos de España

Ribadeo 21-6-18. Os atletas ribadenses Aleix e Brais Díaz Salas, participaron esta pasada fin de semana en senllos Campionatos de España.
Aleix que fora convocado pola selección galega de atletismo sub-16, participou no Campionato de autonomías, que se celebrou en Avilés na tarde do sábado e na mañá do domingo. O turno de Aleix foi na matinal do segundo día de competición, formando parte dos relevos 4*100 e 4*300 m.l., cuns excelentes resultados. Nos 4*100 Galicia conseguiu a 6ª posición da xeral cun rexistro de 45,74 seg. o que supuxo batir o record galego da distancia. Pouco tempo máis tarde era o turno dos 4*300 m.l., onde se melloraría a posición cunha terceira posición de 2,27.39 min., o que supoñía ademáis da medalla de bronce un novo record galego.
A selección galega acadou a 4 praza ó final do campionato, a escasos puntos do terceiro clasificado, que foi Andalucía, sendo medalla de prata a Comunidade de Madrid e campións do campionato, Cataluña.
Pola súaa banda, Brais participaba coa Escola Atlética Lucense no Campionato de España sub14 de clubs, que se celebraba en Guadalajara. Neste caso, cada atleta debía competir nun concurso (salto ou lanzamento) e nunha carreira. Brais participaba na sesión de tarde do sábado en lanzamento de peso, cunha posición 23 dun total de 60 participantes, cun mellor lanzamento de 8,09 m.
Xa na matinal do domingo era o turno dos 80 m.l. onde acadaría a 8ª posición da súa serie, cun tempo de 13,29 seg. Bos resultados para Brais, posto que nas dúas probas conseguiu mellorar as súas mellores marcas.
A Escola Atlética lucense conquistaría a 19ª posicón dun total de 30 participantes, posto moi meritorio tendo en conta que dos 8 compoñentes do equipo, 7 eran de primeiro ano.
O pódium do campionato estivo composto por Playas de Castellón, Cueva de Nerja de Málaga e Simply-Scorpio 71 de Zaragoza

Exit mobile version