Site icon Crónica3.com A Mariña

Homenaxe ao Gardarríos

A Xunta de Voceiros Municipais (PSOE, PP e BNG) do Concello de Lourenzá acorda apoiar a iniciativa cidadá de homenaxear as figuras de Luis Trigo Chao “O Gardarríos” e a súa compañeira, Antonia Díaz Pérez, co gallo do 70 aniversario do seu asasinato a mans da ditadura franquista. Esta homenaxe tamén é un recordo a todas aquelas persoas que dunha maneira ou doutra colaboraron naquela época na loita antifranquista. Así mesmo acorda convidar aos veciños e veciñas a participar nos actos de homenaxe previstos en Mondoñedo e Lourenzá o sábado 23 de xuño de 2018.

Exit mobile version