Mondoñedo 10-6-18. O vindeiro 12 de Xuño ás 18 horas no CENIMA de Foz, terá lugar a inauguración da exposición dos centros escolares da Mariña, que participan no primeiro premio Juan Puchades Quilis, patrocinado polo concello de Mondoñedo. Esta exposición é a terceira das actividades programada pola asociación Tá en artes en homenaxe ó escultor mindoniense. Nesta ocasión, máis de 720 alumnos/as e 31 profesores/as, levan traballando todo o curso partindo da idea da Escultura como referencia e o patrimonio como resultado. Máis de 72 esculturas dos once centros escolares da Mariña : ASPANANE (Viveiro), EEI San Roque (Viveiro), CEIP Plurilingüe Vista Alegre (Burela), CEIP Álvaro Cunqueiro( Mondoñedo), CEIP Fondo Noís (Foz), IES San Rosendo (Mondoñedo), IES de Foz, IES Monte Castelo ( Burela), IES Vilar Ponte ( Viveiro), IES Dionisio Gamallo Fierro(Ribadeo), e IES Alfoz-Valadouro, poderán seres visitadas en horario de 10 a 13 horas e de 19 a 21 horas ata o 17 de Xuño. Estas imaxes son unha pequena mostra que os e as mariñáns poderá contemplar.