Site icon Crónica3.com A Mariña

Izadas as bandeiras azuis e a Q de Calidade nas praias de As Catedrais e Os Castros-As Illas

Ribadeo, 23 de xuño de 2018. As bandeiras azuis e a Q de Calidade locen desde hoxe nos areais ribadenses. Esta mañá tivo lugar o izado deses galardóns nas praias de As Catedrais e Os Castros-As Illas. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de Sostibilidade Ambiental e Medio Mariño, Paz Ermida. Xunto a eles estiveron os socorristas e técnicos sanitarios que ese ano prestan os seus servizos en Ribadeo, o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, o presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Ramón Acuña, así coma representantes das asociacións veciñais de Cinxe e da Devesa, as dúas da parroquia onde está situado o areal de Augas Santas.

O rexedor dixo que estes recoñecementos “son proba do compromiso do Concello coas praias, coa sostibilidade ambiental, co turismo de calidade, etc. Revalidamos outro ano mais o esforzo para estar o mellor preparados posible para tantísimos amigos e visitantes de Ribadeo que agardamos que cheguen de novo”.

Tanto Barcia como Ermida subliñaron que “esforzámonos máis que nunca na seguridade (aí están todos os socorristas e ténic@s sanitarios para atenden as praias, non só a das Catedrais) e iso a pesares do cada vez menor apoio que temos da Xunta (aí está no nulo incremento de axuda na contratación de socorristas tal e como lles tiñamos pedido formalmente, despois do desgraciado accidente que ocorreu na Semana Santa). Como todo, aí seguimos, man aberta e disposta a colaborar e seguir traballando polo noso Ribadeo”.

Exit mobile version