Centos de veciñas e veciños da localidade, amigas e amigos e achegadas e achegados doutras aldeas da contorna gozaron desta velada en Vilaronte para colaborar cos festexos, na que se venderon máis de 500 racións de churrasco.
Dende a comisión agradecen a colaboración de toda a veciñanza xa que “esta cita supón unha gran axuda para a organización das festas”.
23 e 24 de xuño
As festas comezan o sábado 23, con misa solemne as 13.00 horas, procesión e a continuación sesión vermú a cargo da orquestra Emperadores. Pola noite haberá verbena con Emperadores e Dúo Kiko e Noelia.
O domingo 24 a misa, tamén as 13.00 horas, estará cantada pola coral polifónica de Foz. Tamén haberá procesión e a sesión vermú a cargo do grupo Fénix poñerá o broche final.