Site icon Crónica3.com A Mariña

Mapa da ría de Viveiro do século XIX

Viveiro 5-6-18. Un proxecto que parte da adquisición dun plano orixinal, que Domingo Fontán fixo sobre a Ría de Viveiro. Coa intención de divulgalo como legado cultural, un mapa único, dos máis antigos da Ría xunto a outros da Armada sen proxección pública. A finalidade é que este debe quedar na memoria colectiva, do que foi un dos areais máis fermosos de Europa e porto comercial milenario. Para que perdure como semente esta carta náutica, como o plano de Galicia, foron feitas 1000 copias para distribuir en colexios, bares, hoteis, institucións, administracións e oficinas ligadas co mar, estarán a partir do 6 de Xuño de 2018. É un recoñecemento á figura do autor e un achado importante para a historia de Viveiro.
Domingo Fontán, Secretario da Diputación Provincial de Galicia, é un ilustrado galego, matemático, xeógrafo, político ou empresario, creador da Xeométrica de Galicia, primer mapa de España con medicións científicas e matemáticas, impresa en 1845, un costoso traballo de campo para o que tardou 16 anos, financiando cos seus propios recursos. Este traballo é a Carta da Ría de Viveiro do ano 1828 editado no Diccionario Xeográfico-Estadísitco de España e Portugal,en 11 volúmenes de Sebastián de Miñano.
Onde só saíron as rías de Viveiro, Arousa, Vigo e Golfo Ártabro, grabados en prancha de cobre
e pintados a man.
Grazas a el vemos o que foi un inmenso areal, quizáis dos máis fermosos de Europa.
A día de hoxe sábese da existencia de escasos exemplares en mans particulares.
Recuperado en 2018 polo marchante inglés asentado en híspalis Bernard Shand,
difundido, editado e mercado por Antonio Lage-Seara e a colaboración da FDF.

Exit mobile version