Site icon Crónica3.com A Mariña

Mariña Patrimonio visita Mondoñedo

A Mariña 18-6-18. Este sábado 16 de xuño un nutrido grupo de persoas acudiron á convocatoria de Mariña Patrimonio para realizar unha visita guiada polo extenso patrimonio civil e relixioso da cidade episcopal de Mondoñedo, que loce espléndida grazas ao meritorio esforzo realizado polos seus orgullosos veciños e polo propio Concello, malia os limitados recursos económicos dos que dispoñen.

Mariña Patrimonio quere amosar o seu agradecemento a Claudia del Pino, excelente guía que nos adicou unha xornada completa e nos transmitiu a súa paixón polo patrimonio mindoniense. Agradecidos tamén ao Concello de Mondoñedo que nos faciltou a visita; a Valentín Insua, campaneiro da catedral, que nos ensinou a capela da VOT (Venerable Orde Terceira), da que é cofrade; a Xoan Ramón F. Pacios que nos guiou no Centro Cultural da Alcántara; ao Seminario de Sta. Catalina que nos permitiu visitar o seu grandioso edificio e a súa marabillosa biblioteca, acompañados por D.José; a Simonetta Dondi, propietaria do Pazo de Aguiar, e ao restaurante do Centro Social que nos deixou tamén un bo sabor de boca no aspecto gastronómico.

Exit mobile version