Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do grupo municipal de “Foz, plataforma de futuro”, para instar ó equipo de goberno a facer as xestións necesarias para reparar as beirarrúas da Avda. da Ribeira

Foz 18-6-18. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Na zoa portuaria do noso Concello temos a Avda. da Ribeira, rúa moi transitada tanto por visitantes como veciños durante todo o ano, sobre todo porque hai locais de hostalería na zoa portuaria como tamén temos varias dependencias municipais con numerosos servizos. Nos últimos tempos podemos comprobar como as beirarrúas nalgún do seu treito se atopan desfondadas (axuntamos foto), isto motiva o perigo conseguinte para os peóns, así como cando chove formase un importante charco que fai imposible o paso dos peóns por dito treito.

Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:

-Instar ó Equipo de Goberno do Concello de Foz a facer os trámites necesarios para solucionar os problemas existentes nas beirarrúas da Avda. da Ribeira na zoa portuaria.

Exit mobile version