Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova edición de Xove 360º

Xove 20-6-18. O Concello de Xove está a traballar nunha nova edición de “Xove 360º”. Trátase dun proxecto que aglutina a un colectivo de fotografos de Xove quen dende hai 11 anos, están a facer actividades dentro do eido da fotografía. Cada ano, co traballo deste grupo, o Concello realiza unha exposición fotográfica no Centro Cívico.
En total a exposición vai estar conformada por 47 fotografías, enmarcadas en tamaño 50X40. Na edición deste ano, a XI, terase unha parte de carácter libre con 34 fotografías do total, e unha sección especial denominada Fervenzas, na que se presentan 13 traballos fotográficos.
Nesta nova edición hai unha importante participación con 12 fotógrafos: Mateo Guerreiro, Andrés García, Pedro García, Rubén Pico, Pedro Vicente, Javier Villares, Javier Sánchez, José Emilio Gómez, Alberto Rapa, Santos Cordovilla, Diego Fanego e Carolina Moreira
A exposición vai estar aberta dende o 11 de agosto ininterrumpidamente ata o 2 de setembro, en horario de 18:00 a 22:00 horas pola tarde.

Exit mobile version