Site icon Crónica3.com A Mariña

Novas mobilizacións do BNG para o arranxo do emisario submarino de Viveiro

No pasado mes de febreiro, desde o BNG convocamos unha concentración en Celeiro para
exixirlle á Xunta da Galiza as obras de substitución do emisario submarino, que verte augas residuais na ría de Viveiro. Como a día de hoxe estas obras non comezaron nen asemella que o vaian facer nun curto prazo, animamos á veciñanza a continuar con esta reclamación, para o que pedimos a vosa colaboración participando na enquisa que o BNG propón no seu Facebook (@viveirobng), preguntando qué tipo de forma de protesta levar a cabo, para que as administracións pertinentes poña fin a este desastre ecolóxico.

Exit mobile version