
A cita, en Turexpo Galicia, foi todo un éxito, segundo o rexedor, que explicou que “o bonito presentouse asado e tamén en empanada. A acollida foi moi boa e durou moi poco na mesa”. Este é o segundo ano que Burela acudiu con stand propio a Silleda. Festur é a feira que se celebrou en Silleda desde o xoves e ata hoxe, domingo, e na que se exaltan as festas de interese turístico galego.