Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde, Alfredo Llano, viaxou este domingo a Silleda para participar na degustación de bonito ofrecida polo Concello coa colaboración de Ledicia

A cita, en Turexpo Galicia, foi todo un éxito, segundo o rexedor, que explicou que “o bonito presentouse asado e tamén en empanada. A acollida foi moi boa e durou moi poco na mesa”. Este é o segundo ano que Burela acudiu con stand propio a Silleda. Festur é a feira que se celebrou en Silleda desde o xoves e ata hoxe, domingo, e na que se exaltan as festas de interese turístico galego.

Exit mobile version