Site icon Crónica3.com A Mariña

O Alcalde de Burela anima a disfrutar das festas patronais

Burela, 1 de xuño de 2018. Este venres tivo lugar unha reunión técnica, no Concello de Burela, para ultimar todos os detalles dos dispositivos de seguridade para a procesión desta fin de semana. O sábado a partires das nove da mañá estará prohibido aparcar nas rúas polas que terá lugar a baixada da Virxe ao porto. O alcalde, Alfredo Llano, quere felicitar aos veciños e veciñas de Burela pola celebración das súas festas, e anima a asistir e disfrutar das actividades programadas para estes días.
O rexedor explicou que “esta mañá houbo unha xuntanza técnica para falar da seguridade da organización das festas de Burela. En principio consideramos que non vai haber ningún tipo de problema porque está moi ben organizado. As forzas de seguridade están entre elas perfectamente complementadas, con todo claro con respecto ao que é a organización e a seguridade da procesión tanto do sábado como do propio domingo”.
Llano dixo que “queda claro onde se van situar para que non aparquen mañá, a partir das nove da mañá, en ningún dos lugares por onde vai pasar a procesión á noite. Tamén se estivo mirando todo o tipo de seguridade, as circunstancias actuais da sociedade, e todo aquilo que poida implicar algún tipo de control. Se vai procurar colocar vehículos da policía perfectamente situados en diferentes puntos por onde vai pasar a procesión para ter esa confianza e esa garantía de que todo vai estar en perfecto orde”.
O alcalde quixo “animar a todos os veciños de Burela a que participen nas festas, a que colaboren, e a que poidan compartir cos seus amigos e familiares todo o que se ofrece nesta edición das festas, que non é pouco. Tanto na procesión de mañá, e en compartir tamén a responsabilidade da creación da alfombra floral, que é algo de estimar, agradecer e felicitar a todo o mundo que colabora nesta edición, que é xa o 25 aniversario. Esperemos que o tempo acompañe e que todo vaia ben”.

Exit mobile version