Site icon Crónica3.com A Mariña

O Alcalde participará este domingo en Festur, en Silleda, nunha degustación de bonito. Alfredo Llano asistirá ese día ao partido da Copa Deputación entre o Fonsagrada e o Burela

Burela, 8 de xuño de 2018. O alcalde, Alfredo Llano, estará o vindeiro domingo en Silleda para participar na degustación de bonito que se ofrecerá en Festur a partir das 13:00 horas. O rexedor burelés viaxará, tamén na tarde do domingo, a Fonsagrada para asistir ao partido de fútbol da Copa Deputación que disputarán o Burela e o Fonsagrada.
Alfredo Llano contou que “o domingo, día 10, voume achegar ata Silleda porque temos alí unha representación do Concello de Burela coas nosas posibilidades e ofertas turísticas”.
O alcalde considera que “é un evento moi visitado porque é a Semana Verde de Silleda. Penso que está garantido que moita xente pase polo noso stand, que está no pavillón número 2. Xa foi inaugurado onte, e alí estivo o noso concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey”.
Llano engadiu que “o domingo me achegarei ata alí para facer a promoción do noso produto de Burela, que é o bonito. Faremos unha degustación de bonito en empanada e asado, para que a xente que estea por alí poida probalo, que coñeza como tratamos aquí o bonito e como se pesca, e facer a promoción de como o pescan os nosos barcos e vexan a diferenza clara tanto de sabor como na calidade do produto. Estaremos alí á unha da tarde, e faremos esa degustación. Esperemos que vaia todo moi ben e se hai alguén por alí de Burela estaremos encantados de que sexan testemuña do que se fai”.
O alcalde burelés sinalou que “tamén este domingo, ás sete da tarde, temos, algo que a min me afecta especialmente, na Copa Deputación se vai celebrar o partido de fútbol entre o Burela e o Fonsagrada. Irei, invitado polos dous equipos, a ver ese partido. Esperemos que gañe o mellor. É unha satisfacción que ambos equipos nos inviten para ir ver ese encontro que creo que vai ser moi interesante e moi vistoso”.

Exit mobile version