Olalla Rodil levará ao Parlamento o problema desta estrada
O BNG de Viveiro e Valadouro DEMANDAN á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a adopción de medidas urxentes para executar obras de mellora e acondicionamento na estrada autonómica LU-161 (Landrove-Ferreira de Valadouro) co obxecto de poñer fin ao estado lamentable deste vial, unha das principais vía de conexión d@s viveirenses coa Comarca da Mariña Central e un vial moi utilizado polos profesionais do transporte de mercancias e veciñanza dos concellos de Viveiro, Ourol, Ferreira e Mondoñedo, entre outros, da Comarca. Unhas obras coas que se conseguirá, ademáis de seguranza para os seus usuarios, achegar concellos como Viveiro e Ourol á Mariña Central, o que suporá favorecer asimesmo a economía local dos concellos que atravesa esta vía de comunicación e dos seus concellos limítrofes.
Por parte do BNG anunciouse, ademais das iniciativas que Olalla Rodil vai presentar ao respecto, que tamén se presentarán mocións nos concellos de Viveiro e O Valadouro