Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela rendeu homenaxe ao equipo de fútbol da SD Burela tras acadar o ascenso e proclamarse campión da Copa Deputación

Burela, 21 de xuño de 2018. O Concello de Burela ofreceu unha recepción oficial ao equipo de fútbol da SD Burela tras acadar nesta tempada o ascenso á Primeira Autonómica e proclamarse campión da Copa Deputación. No acto, que tivo lugar este xoves, tamén se lle rendeu homenaxe ao equipo das categorías inferiores da SD Burela que se proclamou campión provincial. No acto participaron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey.
O edil burelés salientou que “no Concello de Burela fixemos esta recepción oficial ao equipo de fútbol da SD Burela, que despois dun ano de moitisimos éxitos, conseguiron o ascenso de categoría e tamén a Copa Deputación, qué menos que recoñecerlle os méritos á SD Burela”.
O concelleiro de Deportes dixo que “tamén recibimos a un equipo das categorías inferiores que quedou campión provincial. Na liña que ten este equipo de goberno de recoñecer sobre todo o traballo de base, non podía quedar tamén sen ese pequeno recoñecemento que lle queremos facer desde o Concello de Burela”.

Exit mobile version