Tal e como apuntou o rexedor “en menos de dous meses, en Cervo contaremos cunha das poucas pistas homologadas que hai en Galicia para este tipo de competicións, e a única na Mariña destas características”. Cremos que esta nova instalación “aportará modernidade e dinamismo ao centro da vila, dándolle incluso un toque máis urbanita”
A estrutura quedará perfectamente integrada na contorna –engadiu- “e foi concibida como un punto de encontro para a mocidade do Concello, con fin de que poidan desfrutar ao tempo deste deporte, tendo en conta a afección que hai a día de hoxe entre a xente moza polo mundo do patín”
O rexedor sinalou que o o parque biosaudable urbano que está ubicado nesa zona do Parque Reina Sofía non verá alterado en ningún caso o seu funcionamento a raíz da instalación desta pista “porque a noso obxectivo pasa tamén por fomentar e promover a actividade deportiva e os hábitos de vida saudable entre os nosos maiores; conseguindo deste xeito que convivan diferentes ambientes e diferentes xeracións nunha mesma zona na que terá un importante protagonismo o ocio e o deporte”.