Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz levou a cabo unha actividade sobre a elaboración do pan dirixida a escolares de primaria dos cinco colexios do municipio

Foz, 22 de xuño de 2018. A Delegación de Cultura do Concello de Foz levou a cabo unha actividade sobre a elaboración do pan, nos cinco colexios do concello, dirixida aos alumnos e alumnas de Primaria. Consistiu en charlas sobre o proceso do pan e visitas a un muíño.
O edil Ánxel Paleo explica que “desde a Concellería de Cultura do Concello de Foz se estivo a facer unha actividade nos cinco colexios do concello, dirixida aos alumnos e alumnas de Primaria, que consistiu nunha charla en cada colexio sobre un produto de primeira necesidade e que temos todos os días na mesa, como é o pan”.
Ánxel Paleo comenta que “se lles explicaba aos escolares no colexio, mediante fotos, os pasos que se fan para a elaboración do pan: dende o preparado das terras, a sega do trigo, malla, moído e a elaboración. Cada colexio fixo unha visita ao muíño onde viron in situ o seu funcionamento. Aproveitando esta visita tamén estiveron na Torre Pardo de Cela, en Alfoz, e tiveron unha demostración do zoqueiro Alberto Geada”.
O edil de Cultura mostrou o seu agradecemento “a todos os que colaboraron: tanto a Xesús de Breogán, nas charlas e nas visitas ao muíño, como a Juan do Balfego, o dono do muíño de Manciñeira, que en todo momento puxo todas as facilidades para facer esta actividade”.

Exit mobile version