Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz organiza un acto de homenaxe a Pepe de Burón este domingo 24 de xuño

Foz, 22 de xuño de 2018. O Concello de Foz organiza unha homenaxe ao artista Pepe de Burón que terá lugar este domingo, 24 de xuño, no adro da igrexa de San Xoán de Vilaronte, onde se descubrirá un monolito ao remate da misa na honra ao patrón da parroquia.
O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo, quere “convidar a todos os veciños do concello, en especial aos da parroquia de Vilaronte, para que este domingo, día 24, despois da misa na igrexa parroquial asistan ao acto de homenaxe, co descubrimento dun monolito, a Pepe de Burón, veciño de Mañente do que hai poucas datas fíxose unha exposición coas súas obras na Casa da Cultura”.
O edil subliña: “alí estaremos acompañando á súa viúva, á filla e familia, aos que seguro que lles gusta que todos os veciños participen neste acto”.

Exit mobile version