Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Mondoñedo agradécelle a Fomento que cumpra coa petición de mantemento dos tramos da antiga N-634 ao seu paso polos núcleos de Sasdónigas e San Vicente

Mondoñedo, 19 de xuño de 2018.- O Concello de Mondoñedo agradécelle ao Ministerio de Fomento que cumpra coa petición municipal de mantemento dos tramos da antiga N-634 ao seu paso polos núcleos de Sasdónigas e San Vicente. As obras sobre a estrada están a desenvolverse estes días e inclúen un novo firme da vía.

O equipo de Goberno presentou unha moción en novembro de 2016 para solicitar ao Ministerio de Fomento a cesión da titularidade dos seguintes tramos da antiga N-634:

-Sasdónigas, o comprendido entre o PK 599+588 e PK 598+400
-San Vicente, o comprendido entre o PK 597+025 e o PK 596+742

Os tramos ostentan a condición de suelo de núcleo rural, equivalente a suelo urbano.

Amais diso, a alcaldesa explicaba naquel momento que se trataba non só de iniciar os trámites necesarios para a cesión, senón tamén que Fomento cumprira previamente cos labores de mantemento dos tramos. A rexedora lamenta que, unha actuación reclamada polos veciños, non contara xa daquela co apoio dos Grupo da oposición. Así, tanto BNG como PSOE votaron en contra.

Agora o Ministerio de Fomento está a levar a cabo as obras na estrada aproveitando o bo tempo, o que fará que a vía se atope nas mellores condicións para o tránsito de vehículos, traballos que o Goberno local agradece. Deste xeito evítanse ademais trámites burocráticos para os veciños e veciñas ao non ter que pedir eles mesmos autorizacións á administración estatal.

Labores de conservación das estradas provinciais
Aínda no ámbito das estradas, a rexedora anuncia que se reuniu onte mesmo co responsable provincial de vías e obras na Deputación para pedirlle que acometan labores de conservación nas estradas da súa competencia entre Lindín e Santo Tomé e entre Oirán e Alfoz.

Exit mobile version