Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro estará presente e ofrecerá unha degustación de dous dos seus produtos máis característicos na VII edición de Turexpo Galicia

Viveiro 8-6-18. Viveiro contará cun stand individual no que ofrecerán folletos promocionais e información sobre o Concello e no que se instalará unha gran pantalla na que se proxectará, de forma continuada, os videos de promoción turística deste municipio e mais da Semana Santa.

Ademais de estar presente no stand durante toda a feira, mañá sábado, 9 de xuño, ás 13:00, ofrecerase unha degustación gratuíta de dous produtos gastronómicos vinculados a dúas das nosas festas con declaración de interese turístico: a merluza do pincho (cociñada en empanada e salpicón) e o Pan dos Apóstolos (doce típico de Semana Santa).

Exit mobile version