O Rexedor municipal destacou que “se trata dunha medida que beneficiará a preto de un cento de explotacións agrarias e gandeiras que hai no concello pontenovés, aforrando custes aos propietarios destas explotacións, que son os que xeran riqueza e crean emprego no noso Concello”.
Campos Conde apuntou que “o que buscamos con esta medida é promover a actividade económica do noso Concello, fundamentalmente a do ámbito rural, facendo unha redución importante aos veciños nos impostos das actividades relacionadas co sector primario e coa actividade agrogandeira, o piar fundamental da economía do noso Concello”.